Publicador de contidos
Publicador de contidos

Exteriores evacúa a 27 españois de Mayotte tras o paso do ciclón "Chido"

Exteriores evacúa a 27 españois de Mayotte tras o paso do ciclón "Chido"

A operación realizouse, vía a Illa de Reunion, grazas á colaboración de Francia

No rexistro consular español figuran 45 cidadáns españois, pero podería haber máis de 70 residentes na illa

Arquipélago francés de Mayotte no Índicoafectado polo ciclón Arquipélago francés de Mayotte no Índicoafectado polo ciclón
G24.gal 22/12/2024 14:17

Exteriores evacuou a 27 españois do arquipélago francés de Mayotte, que sufriu grandes danos polo paso do ciclón "Chido".

O ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, José Manuel Albares, informou este domingo de que un total de 27 españois foron evacuados do arquipélago francés de Mayotte, tras o paso do ciclón 'Chido'.

"Onte aterraron en Reunión procedentes de Mayotte 27 españois evacuados grazas á cooperación con Francia", indicou Albares nunha mensaxe publicada na súa conta na rede social X.

No rexistro consular hai 45 cidadáns españois rexistrados residentes na zona, aínda que desde a propia colonia indicaron que poderían ser máis de 70.

"Aos españois que seguen en Mayotte: desde o Ministerio e o noso Consulado Xeral de España en París plenamente operativo. Teléfono emerxencia consular: +33 (0) 6 15 93 87 01", engadiu Albares.

Máis dunha semana despois do paso do ciclón, as autoridades manteñen unha cifra oficial de 31 falecidos aínda que o prefecto do territorio, François-Xavier Bieuville, xa anticipou a pasada fin de semana que o ciclón deixaría con total seguridade "centos de mortos" que poderían ser "millleiros".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade