O Rácing visita ao Zaragoza nun partido de urxencias (18:30h)
O Rácing visita ao Zaragoza nun partido de urxencias (18:30h)
O racinguismo soña con despedir o ano en Zaragoza ofrecendo unha imaxe triunfadora como a do pasado domingo no Molinón.
Para elo Cristóbal agárrase a fiabilidade do equipo coma visitante no que logrou dous puntos máis que coma local, pero para elo debe contar cos detalles.
Enfronte terá un Zaragoza en plena crise que vén de sufrir a quinta derrota na casa, o que lle custou o posto a Víctor Fernández. David Navarro, o seu axudante, será o substituto ante os ferroláns de aí que Cristóbal non agarde sorpresas.
O adestrador ve as vacacións como unha posibilidade para que técnicos e xogadores analicen a situación e o club traballe e poñerlle remedio.
Dase a curiosa circunstancia de que hai xusto un ano, o Rácing vencía por un a cero en Valladolid e remataba 2023 na segunda posición.