Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os galegos da ACB preparan outra xornada clave á busca da permanencia

Os galegos da ACB preparan outra xornada clave á busca da permanencia

Luis Casimiro estréase no Pazo diante do Xirona de Moncho Fernández (18 h)

Mañá será a quenda do Leyma contra o Joventut no Coliseum (12:30 h)

G24.gal 21/12/2024 12:56

Pendentes de Egbunu e Grant, as novas incorporacións, serán os que xa están na dinámica do grupo os que teñan que sacar adiante esta tarde no Pazo un partido chave para a permanencia. Luis Casimiro considera que nestas situacións é fundamental a unidade.

Volve ao Pazo, desta volta como técnico do Xirona, Moncho Fernández, para tratar de salvar a un equipo que ata o momento funciona mellor lonxe de Fontajau.

De gañar en Xirona chega o Basquet Coruña, que agarda unha boa entrada no novo horario dominical das doce e media. Contra o Juventut, Diego Epifanio quere que se manteña a esencia para despedir un 2024 inesqecible.

Mentres no club traballan na chega de reforzos, Epi so pensa no compromiso de mañá.

O quinto triunfo desta campaña pasa por superar mañá na sesión vermú ao Joventut.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade