Casimiro: "Temos que mellorar no rebote para impor o ritmo de partido"
Casimiro lembra que Baskonia é o equipo máis reboteador en ataque da Euroliga, e que o rebote é o punto de mellora dos seus xogadores
Chega o Baskonia a Lugo este domingo despois de xogar esta tarde en Istambul, na pista do Fenerbache. Foi eliminado na Euroliga, e na ACB está con dificultades.
"Son un equipo físico, son o mellor equipo ofensivo da Euroliga".
"Está no mellor momento de estabilidade e de maior solidez da temporada na ACB".
Aínda terá que pelexar por entrar na pelexa polo título. O mal inicio de temporada dos homes de Pablo Laso é a razón. Pero Luis Casimiro lembra que é o equipo máis reboteador en ataque da Euroliga, e que o rebote é o punto de mellora dos seus xogadores con respecto ao último encontro co Murcia.
"Temos que mellorar no rebote para impor o ritmo de partido".
Casimiro non cre que poida contar con Edin Atic.