Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os galegos da ACB afrontan unha nova xornada en situacións contrapostas despois do derbi

Os galegos da ACB afrontan unha nova xornada en situacións contrapostas despois do derbi

O Leyma Coruña visita Valencia (18:00h) coa necesidade de gañar

O Rio Breogán recibe ao UCAM Murcia (20:45h) despois de encadear dúas vitorias

G24.gal 22/03/2025 14:59

Aínda resoa o himno, e o derbi que levou o Breogán, cando os nosos volven afrontar outra crucial xornada. A do Leyma Coruña en Valencia, co dífícil obxectivo de frear a un dos equipos máis en forma da Liga. En situación límite, a tres vitorias da permanancia.

Ás seis comeza este partido. E ás nove menos cuarto, no Pazo, o Breogán recibe o Murcia. Equipo físico, duro. Os Bad Boys da Liga. En Lugo xa saben como as gastan. Imaxes de hai tres temporadas. 

O Breogán chega coa baixa de Atic e en forma. Con dúas vitorias seguidas que abriron a caixa da ilusón. E, por que non, de volver mirar a Europa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade