Luis Casimiro: "O que lle pido ao equipo é que gocemos deste momento"
O Breogán e o Murcia chegan con diez vitorias e están a dous puntos do 'play-off'
O adestrador do Breogán, Luis Casimiro, pediu ao seu equipo e á afección que "gocen" do bo "presente" que atravesa o conxunto lucense antes de medirse no Pazo ao UCAM Murcia.
Ademais, eludiu falar de loitar por entrar en competicións europeas a próxima tempada e descartou a presenza de Edin Atic para o encontro.
"O que lle pido ao equipo é que gocemos deste momento. O primeiro día que cheguei aquí pedinlles que gozasen do noso xogo e agora o que temos que facer é seguir gozando do noso traballo".
Ao técnico manchego preguntáronlle se o seu equipo pode loitar por novos obxectivos
"A boa ambición, a de verdade, xérase de portas a dentro. Facelo de portas a fóra non che repercute en nada. Gústame non dicir e si máis facer".
Os dous equipos chegan con diez vitorias e están a dous puntos do play-off.