Publicador de contidos

Publicador de contidos

Genreau: “Non foi o meu mellor partido, pero moi contento de ser titular”

Genreau: “Non foi o meu mellor partido, pero moi contento de ser titular”

O centrocampista australiano estreouse no once do Deportivo en Castelló

G24.gal 20/03/2025 13:03 Última actualización 20/03/2025 13:16

Denis Genreau foi un dos catro reforzos do Deportivo no mercado invernal. O internacional australiano tivo unha lenta integración e, en Castalia, xogou o seu primeiro partido como titular pola baixa de Villares.

“Moi contento de empezar o meu primeiro partido para o club. Levo tempo traballando duro e adestrando duro desde que cheguei ao equipo, coñecendo os compañeiros e o estilo de xogo. Foi un partido moi difícil”.

O centrocampista analizou a súa estrea no once titular.

“Podo facelo mellor, non foi o meu mellor partido. Nos partidos que non xogas ben, tanto colectiva como individualmente, sempre é importante traballar, defender ben e traer un punto”.

Referiuse tamén ao seu rol no equipo de Gilsanz.

“Tiven algunhas conversacións co adestrador sobre o meu rol. Obviamente, cando chegas a un novo equipo, o teu papel cambia un pouco, pode ser un pouco diferente. O meu rol é moi claro, no dobre pivote, número 8, para axudar en defensa."

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade