Zakaria Eddahchouri: "Son doce anos facendo o Ramadán, para min é fácil adaptarme"
Zaca explica que o que máis lle chama a atención é a “grande atmosfera” que se respira en Riazor
O xaxún desde a saída ata a posta do sol durante o mes do Ramadán é un dos piares do islam. Como musulmán, o dianteiro Zakaria Eddahchouri segue esta práctica durante o mes que dura a celebración relixiosa.
Con todo, asegura que o xaxún non lle afecta a nivel competitivo, grazas á súa preparación "a nivel físico" e "mental".
"Levo doce anos facendo o Ramadán e é moi doado adaptarme"
"Intento comer pola mañá para coller enerxía e tamén me preparo ben mentalmente”
Con dous goles ás súas costas, o dianteiro de orixe marroquí analizou tamén os seus primeiros meses como branquiazul. Zakaria Eddahchouri converteuse, en só seis partidos, nun novo ídolo para a afección.
“A cidade é moi agradable, estanme tratando moi ben”, asegura o ariete.
Zaca explica que o que máis lle chama a atención é a “grande atmosfera” que se respira en Riazor.
“O apoio que sinto é magnífico. Axúdame moito. Teño que aproveitar esa enerxía para sacar mellores resultados na casa”, sostivo ante os medios.