Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Real Madrid acaba co Atlético desde o punto de penalti

O Real Madrid acaba co Atlético desde o punto de penalti

O partido acabou co 1-0 a prol do Atlético pero na quenda de penaltis os de Ancelotti impuxéronse por 4-2

G24.gal 12/03/2025 22:57 Última actualización 12/03/2025 23:48

O Real Madrid clasificouse para os cuartos de final da Liga de Campións despois de eliminar o Atlético na quenda de penaltis. O partido acabou con 1-0 para o Atlético que compensaba o 2-1 da ida a prol do Real Madrid. Nos lanzamentos desde o punto de penalti os de Ancelotti estiveron máis atinados (4-2). 

Trinta segundos pasaran cando o Atlético empatou a eliminatoria cun gol de Gallacher. No primeiro tempo a intensidade dos de Simeone mandou por riba do fútbol control dun Real Madrid moi pouco atinado nas súas accións de ataque. Julián Álvarez nun par de xogadas obrigou a intervir a Courtois e o Atlético puido marchar cunha vantaxe meirande ao descanso.

O segundo tempo deixounos un equipo local menos incisivo en ataque. O Real Madrid tampouco aparecía ata que no minuto 68 Mbappé inventou unha xogada na que forzou o penalti de Lenglet. Vinicius tiña a oportunidade de recuperar a vantaxe para o Real Madrid pero mandou o lanzamento á bancada. 

Puido evitar a prórroga Ángel Correa no engadido cun remate que marchou rozando o traveseiro pero o tempo suplementario era inevitable. Cos dous equipos moi limitados no aspecto físico os trinta minutos de prórroga non resolveron nada e tivo que decidirse o clasificado para os cuartos de final na quenda de penaltis. 

Mbappé, Sorloth e Bellingham anotaron os tres primeiros. O segundo do Atlético marcouno Julián Álvarez pero o colexiado anulouno ao tocar o balón cos dous pés. Valverde e Correa non fallaron. No cuarto lanzamento Lucas errou pero Marcos Llorente non aproveitou a oportunidade e mandou o lanzamento ao traveseiro. No quinto e definitivo Rudiger sentenciou para o Real Madrid. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos