Publicador de contidos

Publicador de contidos

Louzán aposta por un cambio no modelo da arbitraxe para a vindeira campaña

Louzán aposta por un cambio no modelo da arbitraxe para a vindeira campaña

A Federación Española quere que haxa unha "máxima transparencia" nas decisións arbitrais

G24.gal 12/03/2025 19:03

O presidente da Real Federación Española de Fútbol, o galego Rafael Louzán, anunciou que están traballando para que o cambio estrutural da arbitraxe chegue ao comezo da vindeira tempada, incluíndo unha "máxima transparencia cara a todos os factores do fútbol".  

"Temos un horizonte claro. Na medida que poidamos imos intentar que o modelo de cambio poida chegar para a campaña 25-26. Preténdese que exista a máxima transparencia" dixo Louzán ao final da xuntanza da Comisión de Reforma do Sistema Arbitral deste mércores na Cidade do Fútbol de Las Rozas. 

Esta Comisión, creada pola RFEF, xuntouse coa participación de catro equipos da Liga (Sevilla, Betis, Granada e Albacete) aos que se uniu o Real Madrid que o mes pasado acudiu ao organismo federativo para trasladar as súas queixas polas arbitraxes recibidas diante do Español e Osasuna. 

"Hai que lograr un consenso de cal ten que ser o modelo. Existe un regulamento que estamos dispostos a modificar. Nomeáronse tanto o modelo de Inglaterra como o de Alemaña e temos que ver cal é mellor porque cada un ten os seus matices e non son perfectos", engadiu o presidente da RFEF. Louzán asegurou que o máis importante é que haxa "igualdade de criterios para xogadas similares". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade