O Baxi Ferrol afronta en Lión o partido máis importante da súa historia
O encontro poderá seguirse en directo pola G2 e en AGalega.gal
Lino López: "Cada minuto, cada posesión e cada xogada ten que ser importante"
Quedan 24 horas para que o Baxi Ferrol afronte o partido máis importante da súa historia. O conxunto ferrolán vai disputar a volta das semifinais da Eurocup ante o Asvel Lión cunha vantaxe de 31 puntos. Aínda que é unha diferenza notoria, Lino López e Blanca Millán son prudentes
"Díxeno desde a primeira eliminatoria. Temos que ir a partidos de 80 minutos, onde cada minuto, cada posesión e cada xogada ten que ser importante", apuntou Lino
"Vai ao noso favor. Certo que gañaron partidos de 31 puntos, e iso demostra que alí é moi difícil xogar. A renda é grande" declarou a santiaguesa.
Ademais, o equipo non estará só, xa que máis dunha vintena de persoas acudirán a terras francesas para ver este duelo aproveitando que as entradas son de balde.
Ademais, para a volta das semifinais, o técnico ferrolán poderá contar con todas as súas xogadoras, que chegan enchufadas despois da vitoria ante o Ardoi no que todas tiveron a mesma carga de minutos. Iso é un aspecto fundamental para tratar de vencer en territorio francés.
O encontro poderá seguirse en directo pola G2 e en AGalega.gal