Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Baxi Ferrol regalará as entradas aos afeccionados desprazados a Lión

O Baxi Ferrol regalará as entradas aos afeccionados desprazados a Lión

As persoas interesadas poden comunicarse co club a través do correo electrónico prensauniferrol@gmail.com

Foto Baxi Ferrol Foto Baxi Ferrol
G24.gal 10/03/2025 13:50 Última actualización 10/03/2025 13:56

O Baxi Ferrol inicia a conta atrás para a súa cita no Palais deas Sports Gerland ante as leoas do Asvel Lión, que o xoves (20:00 horas, G2 e AGalega.gal) tentarán darlle a volta aos 31 puntos de vantaxe cultivados polas guerreiras de Lino López na ida das semifinais da Eurocup Women.

As persoas interesadas en vivir en rigoroso directo este partido histórico poden comunicarse co club a través do correo electrónico prensauniferrol@gmail.com.

Para mañá, martes, está previsto un novo adestramento e xa o mércores, á primeira hora da mañá, a expedición poñerá rumbo a Francia para disputar o partido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade