O Ensino dá a única ledicia galega na xornada da Liga feminina
As luguesas venceron en Magariños por 73-83
O Baxi Ferrol acusou esforzo europeo e perdeu co Valencia (54-74)
O Celta Femxa Zorka caeu en Navia diante de Cadí la Seu (65-71)
O Durán Maquinaria Ensino acadou a única vitoria galega da xornada na Liga Feminina de baloncesto. E fíxoo lonxe de Lugo, no pavillón de Magariños, onde derrotou a Estudiantes por 73-83. O cadro galego acada así a novena vitoria da temporada, e terceira consecutiva. As de Antonio Pernas sitúanse na zona tranquila, e poden pensar en obxectivos máis ambiciosas ca permanencia
Resaca do Baxi Ferrol
Tras a clasificación histórica para as semifinais da Eurocup, o Baxi acusou o esforzo ante o potente Valencia Basket. 54-74, 20 abaixo as ferrolás. Só Alba Sánchez anotou máis de dez puntos no conxunto de Lino López. Raquel Carrera disputou pouco máis de dez minutos e achegou dous puntos.
Derrota do Celta
E o Celta caeu en Navia ante o Cadí La Seu, un rival directo pola permanencia. Samson colocou ás viguesas a dous puntos a 18 segundos para o final. Regina Aguilar, no seu regreso a Vigo, asegurou o triunfo das visitantes dende a liña de tiro libre.