Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta Zorka perde a categoría tras a vitoria do IDK en Lugo

O Celta Zorka perde a categoría tras a vitoria do IDK en Lugo

O equipo vigués non puido sacar a vitoria da súa visita a Valencia (90-46) e quedaba a expensas da derrota das guipuscoanas

O IDK levou un agónico triunfo do Pazo (69-74) e salva a categoría, condenado ao descenso ao Celta

O Baxi Ferrol pechou a liga con derrota en Gran Canaria (80-60) co que xogará o play off como 8º

Foto: @valenciabasket
G24.gal 19/04/2025 21:17

O Celta Femxa Zorka despídese da máxima categoría do baloncesto feminino. Esta tarde, na última xornada, confirmouse o seu descenso. 

O equipo vigués perdeu o seu partido en Valencia, ante o segundo clasificado, por 90-46. As súas opcións de conservar a categoría pasaban por unha derrota do Araski ou do IDK pero os dous gañaron os seus partidos, o IDK ante un Ensino que estivo preto da vitoria. 

E o Baxi Ferrol perdeu 80-60 en Gran Canaria. Rematan de oitavas e mediranse o Xirona na primeira eliminatoria polo título.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade