Publicador de contidos

Publicador de contidos

Louzán, candidato ao Comité Executivo da UEFA

Louzán, candidato ao Comité Executivo da UEFA

A UEFA confirmou este luns o nome dos cinco candidatos, despois de que superaran a comprobación de elixibilidade

Foto RFEF Foto RFEF
G24.gal 24/02/2025 17:22 Última actualización 24/02/2025 17:30

O presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), Rafael Louzán, é un dos candidatos para formar parte do Comité Executivo da UEFA para un mandato de dous anos nas eleccións que se celebrarán durante o 49º Congreso Ordinario do organismo o próximo 3 de abril en Belgrado.

Xunto a Louzán tamén aspiran a un dos dous postos do Executivo para ese período de dous anos Vadims Ļasenko (Letonia), Andrii Shevchenko (Ucraína), Bjorn Vassallo (Malta) e Moshe Zuares (Israel).

A UEFA confirmou este luns o nome dos candidatos, despois de que superaran a comprobación de elixibilidade requirida e levada a cabo por un comité electoral, composto por membros do Comité de Goberno e Cumprimento da UEFA, de acordo aos Estatutos da UEFA (art 21.6) e o seu Regulamento de Aplicación (artigo 4bis).

Louzán, presidente da RFEF desde o 16 de decembro o ano pasado tras gañar nas eleccións ao valenciano Salvador Gomar, viaxou o pasado día 4 a Nyon (Suíza) para manter o primeiro encontro co presidente da UEFA, o esloveno Aleksander Ceferin.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade