Publicador de contidos

Publicador de contidos

Derbi total no Metropolitano, coa dúbida de Mbappé

Derbi total no Metropolitano, coa dúbida de Mbappé

O Real Madrid chega á volta dos oitavos da Champions cunha mínima vantaxe (2-1) pero en terreo hostil

G24.gal 12/03/2025 07:33

Un gol por diante o Real Madrid, e aferrado ao Metropolitano o Atlético de Madrid. Non hai termo medio no derbi decisivo deste mércores para chegar aos cuartos de final da Liga de Campións. Un duelo total de alto risco e tensión que desborda paixóns e prognósticos fronte ás excesivas precaucións do partido de ida (2-1). 

Son 90 minutos (máis se hai prórroga e penaltis) con todas as estrelas sobre o céspede. Todas se chega á cita Kylian Mbappé, seria dúbida por uns problemas físicos. Os que non hai dúbida de que van estar son os Vinicius, Rodrygo, Bellingham, Valverde ou Courtois no Real Madrid, contra Julián Álvarez, Griezmann, De Paul, Simeone ou Oblak no Atlético. O partido chega no medio dunha gran presión, responsabilidade e esixencia. 

Ningún dos dous se atopa no seu mellor momento. Pero o duelo seguro que saca o mellor deles. Con dúas finais da Champions no pasado recente que o transformaron no gran duelo entre equipos da mesma cidade, agora atópanse nunha rolda menos decisiva pero tamén importante. O que non pase esta eliminatoria quedará moi tocado. Para el non haberá futuro nesta Champions, e ollo ás consecuencias na Liga e na Copa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos