O Real Madrid colle unha mínima vantaxe contra o Atlético (2-1)
Rodrygo e Julián Álvarez marcaron dous fermosos goles no primeiro tempo
Decidiu un tanto de Brahim ao pouco de comezar a segunda metade

O Real Madrid colleu vantaxe na eliminatoria de oitavos de final da Liga de Campións contra o Atlético de Madrid (2-1). Nun partido de moitas precaucións, decidiron tres grandes accións individuais.
Só pasaran catro minutos da primeira metade cando Rodrygo realizou unha gran xogada individual que rematou cun gol de lanzamento axustado.
En un abrir y cerrad de ojos.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) March 4, 2025
Rodrygo pone patas arriba el Bernabéu.
👀Así se ha visto el gol del brasileño desde detrás de la portería. #UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/FhMjJj48ji
Non había moitas ocasións, pero a seguinte xogada de perigo tamén acabou do mesmo xeito. Cun disparo de Julián Álvarez co que non puido facer nada Courtois.
Donde habitan las arañas 🕸️.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) March 4, 2025
Julián Álvarez limpia la escuadra de Courtois.#UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/nZi4Gh8Pik
A efectividade era máxima dos dous equipos. Case cada ocasión de perigo remataba no fondo da rede. Ao pouco de comezar o segundo tempo, Brahim inventou unha acción na área atlética e cruzou ante Oblak.
🕺 @Brahim #UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/vRiv6zC8ZD
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) March 4, 2025
Todo queda pendente do partido de volta. O Atlético fixo dous disparos á porta e marcou un gol. Non foron moito mellores os rexistros do Real Madrid, que viaxará ao Metropolitano cun gol de vantaxe.