Publicador de contidos

Publicador de contidos

O ferrolán Álvaro Carreras, centro de atención na eliminatoria do Benfica e o Barça

O ferrolán Álvaro Carreras, centro de atención na eliminatoria do Benfica e o Barça

Equipos da Premier, como o Arsenal e o Manchester, e da Liga seguen moi de preto o lateral do conxunto portugués, que está a completar unha gran temporada

G24.gal 04/03/2025 19:55

Este mércores comezan a súa eliminatoria o Benfica e o Barcelona. Un duelo que xa se viu na primeira fase da Liga de Campións e que rematou con vitoria do equipo catalán por 3-4 despois dun partido moi entretido. 

Naquel encontro foi titular o lateral esquerdo ferrolán Álvaro Carreras. O xogador do Benfica está a completar unha campaña espectacular. O adestrador deulle toda a confianza disputando case todos os minutos en todas as competicións en que participa o Benfica e o rendemento espertou o interese de moitos dos grandes en Europa. 

Fálase da cantidade de olladores que van estar no recinto benfiquista para seguir as súas evolucións. O Barcelona é un dos que puxo os ollos no xogador galego. Pero o maior interese vén da Premier League. O Manchester United suspira por recuperalo e o Arsenal teno como a súa prioridade para a posición de lateral esquerdo. Por non falar dun Real Madrid consciente de que debe mellorar nesa posición e tamén o ten apuntado na lista de futuribles. 

Neste partido contra o Barça terá un duro exame. Nos oitavos de final dunha competición do prestixio da Champions e diante dun dos rivais máis duros que vai ter en fronte: Lamine Yamal. Carreras agarda realizar unha grande eliminatoria e poder doutorarse como un xogador de elite mundial. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade