Endrick marca o gol que achega ao Real Madrid á final de Copa
Vitoria dos de Ancelotti no partido de ida no campo da Real Sociedade (0-1)
O Real Madrid impúxose por 0-1 no campo da Real Sociedade e queda moi preto de xogar a final da Copa do Rei. A Real exerceu presión desde o comezo, pero atopouse cun Lunin moi seguro que respondeu á perfección á oportunidade que lle deu Ancelotti. O único gol do partido chegou no minuto 16 nun pase de Bellingham que aproveitou Endrick, substituto de Mbappé na dianteira.
😮¡El pase de Bellingham! Próximamente en el Museo del Prado
— Teledeporte (@teledeporte) February 26, 2025
Se adelanta el Real Madrid con este gol de Endrick que aprovecha el pase de campanillas de Jude #LaCopaRTVE #CopaDelRey
📺En DIRECTO en @La1_tve y @rtveplay: https://t.co/cGJ39HRCNF pic.twitter.com/CRqSp010zP
Foi un partido de constantes achegamentos, coa Real levando o dominio e o Real Madrid buscando o segundo ao contragolpe. Non se movería máis o marcador aínda que ocasións houbo dabondo para calquera dos dous equipos.
💥¡CAUTION BARRENE!
— Teledeporte (@teledeporte) February 26, 2025
Un peligro constante sobre la portería del Real Madrid#LaCopaRTVE #CopaDelReyhttps://t.co/cGJ39HRCNF pic.twitter.com/98JIDsQjig
Barrenetxea para a Real Sociedade ou o propio Endrick para o Real Madrid nun lanzamento que se foi ao poste gozaron das mellores ocasións pero á volta chegarase coa mínima vantaxe para o equipo madrileño.
💨¡Al palo Endrick! #LaCopaRTVE #CopaDelRey
— Teledeporte (@teledeporte) February 26, 2025
Han temblado los cimientos con el cañonazo del brasileño que ha estado a punto de hacer el 0-2
📺En directo: https://t.co/cGJ39HRCNF pic.twitter.com/CeaQJf4X4A