O Barcelona e o Atlético empezan a eliminatoria de Copa cun ritmo frenético (4-4)
Os de Simeone gañaban por 0-2 aos 6 minutos de partido, pero o Barça conseguiu unha gran remonta
O Atlético marcou dous goles nos últimos minutos e deixa todo para a volta no Metropolitano
O Barcelona e o Atlético comezaron a eliminatoria de Copa cun ritmo frenético. Con catro goles nos primeiros vinte minutos e un resultado final (4-4) que deixa todo por decidir para o partido de volta.
O Atlético comezou como un lóstrego con dous goles nos primeiros seis minutos. Non se chegara ao primeiro minuto e Julián Álvarez xa marcara á saída dun córner. No seis Antoine Griezmann culminaba un contragolpe iniciado polo arxentino Álvarez.
📚 Un contragolpe de los de poner en las escuelas.#LaCopaMola🏆 | #CopaDelReyMAPFRE pic.twitter.com/B3Y0abqmJ0
— RFEF (@rfef) February 25, 2025
A reacción do Barcelona tamén foi contundente. Avisou Ferrán Torres pero no 19 recurtou diferenzas Pedri rematando un preciso centro de Koundé. No 21 empatou Pau Cubarsí cun remate de cabeza á saída dun córner, un gol similar ao que marcou Íñigo Martinez no 41 para poñer o 3-2.
⚽️ ¡¡IÑIGOOOOOL PARA ADELANTAR AL BARÇA!!
— RFEF (@rfef) February 25, 2025
Llegó la remontada culé antes del descanso.
🆚 @FCBarcelona_es | 3-2 | @Atleti | 42’
📺 @La1_tve | @MovistarPlus
ℹ️ Minuto a minuto: https://t.co/CAQw8fCr6Y#LaCopaMola🏆 | #CopaDelReyMAPFRE pic.twitter.com/hgC9pgJ3TK

O segundo tempo continuou cun ritmo frenético pero sen tanto acerto cara a porta contraria. Marcou un gol Sorloth (minuto 71) pero foille anulado por fóra de xogo. No 74 chegou unha das xogadas do partido. Lamine Yamal fíxolle un traxe a Reinildo e asistiu a Lewandowski para poñer o cuarto.
Lo marca uno, pero lo celebran dos.
— RFEF (@rfef) February 25, 2025
¡¡Tenemos que hablar de Lamiiiiiine!!
🆚 @FCBarcelona_es | 4-2 | @Atleti | 82’
📺 @La1_tve | @MovistarPlus
ℹ️ Minuto a minuto: https://t.co/CAQw8fCr6Y#LaCopaMola🏆 | #CopaDelReyMAPFRE pic.twitter.com/5xCJUgjxnU
Ao Atlético quedáballe unha bala. Julián Álvarez volvía aparecer de xeito decisivo para asistir a Marcos Llorente que marcaba o gol que lle poñía pementa á eliminatoria. No engadido (minuto 92) Sorloth anotaba o gol do empate despois dun dos partidos máis espectaculares que se lembran no torneo copeiro nos últimos anos. E aínda queda outro partido para resolver a eliminatoria.