Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Unicaja destrona ao Real Madrid (93-79) e faise coa súa terceira Copa do Rei

O Unicaja destrona ao Real Madrid (93-79) e faise coa súa terceira Copa do Rei

A parella formada por Perry (MVP) e Kravish dinamitou o partido no último cuarto

Foto: EFE
G24.gal 16/02/2025 22:35

O Unicaja de Málaga coroouse como campión da Copa do Rei disputada en Gran Canaria e sumou este título aos que xa tiña do ano 2022 e do 2005. Foi nunha final de dominio malagueño, aínda que o Real Madrid se mantivo no encontro ata o terceiro cuarto. Foi coas achegas de Tavares e as triplas do galego Alberto Abalde para manter a igualdade no primeiro cuarto (18-15).

No segundo cuarto xa emerxeu a figura de Perry para levar a Unicaja, mentres o Real Madrid mantiña o ritmo como podía. Ao descanso chegouse cun 39-36 a prol dos andaluces, cun parcial final de 5-9 para os madridistas que deixaba todo aberto para a segunda metade.

Á volta dos vestiarios, o Real Madrid seguiu sen afinar en ataque, e o Unicaja comezou a abrir unha fenda grazas ás achegas de Kalinovski e Taylor. O Unicaja abría o parcial que comezaba a decantar a final, ata un 56-44 que obrigaba a Mateo a parar o partido. Campazzo anotou 10 puntos neste cuarto para manter os brancos con opcións.

O último cuarto foi de Perry (27 puntos e 8 asistencias) e de David Kravish (20 puntos). Entre ambos os dous anotaron 26 dos 29 puntos, que sentenciaron o partido cun par de minutos de antelación. O 93-79 final significaba a terceira Copa para o Unicaja e reeditaba a última final da Supercopa, en que os andaluces derrotaban tamén ao Real Madrid (90-80) para alzar o primeiro título da temporada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos