Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tebas arremete contra o Real Madrid: "É un club chorón"

Tebas arremete contra o Real Madrid: "É un club chorón"

"Comezo a sentir vergoña do que vivín como madridista" asegurou o presidente de La Liga

G24.gal 24/02/2025 19:29

"Inténtase que todo o madridismo entre nunha política de conspiración que non existe. É un insulto ao resto dos equipos. Si un club lle gaña ao Real Madrid nunca foi porque fose mellor. É porque o colexiado intencionadamente pitou en contra do Real Madrid". Deste xeito valorou Javier Tebas, máximo dirixente da Liga, as críticas que está a facer o club branco, os comunicados e as mensaxes que manda desde Real Madrid TV. 

"É un club chorón", sentenciou Tebas. "Remítome aos datos obxectivos, son un madridista hibernando" reiterou un Tebas que ironizou coa visión da competición por parte da entidade madridista. "Hai unha conspiración mundial, todo o mundo está na súa contra", comentou. 

"Revisan cando xoga o Barcelona contra calquera equipo, o dos outros ... é unha manía. Chorando construíron un relato que non é verdade" defendeu Tebas. O mandatario pensa que a postura do club branco permítelles dicir que "se gañan é grazas a que pelexaron contra as forzas do mal. Se perden é por unha conspiración arbitral. Comezo a sentir vergoña do que vivín como madridista", asegurou un Tebas moi contundente que se lembrou do partido de Copa no que lle gañaron ao Celta e no que o club vigués foi prexudicado pola actuación arbitral. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade