Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Real Madrid escenifica a súa queixa e os árbitros piden respecto

O Real Madrid escenifica a súa queixa e os árbitros piden respecto

As queixas manifestadas polos brancos nas últimas semanas contra o estamento arbitral, ao que acusaron de ser un sistema corrompido, encirraban o ambiente

G24.gal 17/02/2025 20:27

Representantes do Real Madrid e do Comité Técnico de Árbitros xuntáronse hora e media nas Rozas sen que finalmente chegara o sangue ao río. As queixas manifestadas polos brancos nas últimas semanas contra o estamento arbitral, ao que acusaron de ser un sistema corrompido, encirraban o ambiente.

O Real Madrid trasladou hoxe o seu enfado pola entrada a Mbappé no partido fronte ao Español, do que no seu momento se solicitaron os audios do VAR, e polo posible penalti a Vinicius no encontro con Osasuna. O club cualificou de "mornas" as respostas que obtivo.

Medina Cantalejo desmentiu que o Real Madrid pedise nesta xuntanza a súa saída do Comité Técnico de Árbitros e inscribiu o encontro entre as partes na máis absoluta normalidade.

A última hora da noite o CTA emitiu un comunicado no que expresan a súa "repulsa polos ataques sufridos por Munuera Montero" despois da súa arbitraxe no partido que xogaron no Sadar o Osasuna e o Real Madrid.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade