O Real Madrid trae un empate proveitoso do campo do City (2-2)
Haaland adiantou o Manchester en dúas ocasións pero Mbappé e Brahim asinaron a igualada
![](https://www.g24.gal/prog24/2025/20250211/498592cdce8ca9f4d2cd1d69ca1b74a90a5b1eb2.jpg)
Erling Haaland e Kylian Mbappé, as dúas estrelas do Manchester City e do Real Madrid, botáronse os seus equipos ás costas e conseguiron tres goles do partido de ida da eliminatoria de repesca da Champions. Pero o decisivo anotouno Brahim no minuto 87 para poñer o empate (2-2) que o Real Madrid tentará facer bo no partido de volta.
Xogou un gran primeiro tempo o Real Madrid, con moitas ocasións e dominando ao cadro dirixido por Guardiola pero o que marchou por diante ao descanso foi o City grazas a unha acción de Haaland que estivo revisándose durante case catro minutos por un posible fóra de xogo.
Grealish la pone.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) February 11, 2025
Gvardiol la sirve.
Haaland no perdona.
El City golpea primero. #UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/yirS0AEyqT
O Real Madrid seguiu buscando o gol no segundo tempo e acabou atopándoo grazas a un remate coa caneleira de Mbappé. Estaba mellor o último campión da Champions que gozou dunha gran ocasión de Valverde para poñer o segundo.
Nunca un mal remate fue tan bueno.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) February 11, 2025
Mbappé derriba el muro del City. 🐢⚪️#UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/lxYADwgAo7
Sería Haaland o que volveu a poñer por diante ao equipo inglés cun penalti cometido sobre Foden e transformado pola estrela do City.
El penalti de Ceballos sobre Foden.#UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/wmAWng612N
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) February 11, 2025
Quedaban menos de cinco minutos para o final cando Brahim, que acababa de entrar, cazou un balón na área e axustouno ao pau.