Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os dous últimos campións da Champions volven cruzarse nun clásico europeo

Os dous últimos campións da Champions volven cruzarse nun clásico europeo

Real Madrid e Manchester City decepcionaron na primeira fase da Liga de Campións, pero o que pase será un dos rivais máis temibles dos oitavos de final

Os de Ancelotti xogarán a ida coa defensa en cadro

G24.gal 10/02/2025 21:29

Coa defensa en cadro e Tchouameni apercibido. O Real Madrid atravesa un drama defensivo que obrigará a Ancelotti a apostar por unha liña inédita en Manchester nun dos momentos máis delicados do curso. Non menos dificultosa é a situación do City, clasificado in extremis para a Copa e a quince puntos do líder na Premier. Os dous últimos campións da Champions buscan oco en oitavos tras unha primeira fase decepcionante. City e Real Madrid volven cruzarse por cuarto ano consecutivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade