Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Barcelona gaña sobre a bucina un partido espectacular en Lisboa (4-5)

O Barcelona gaña sobre a bucina un partido espectacular en Lisboa (4-5)

O Benfica tivo un 3-1 e 4-2 pero o equipo de Flick remontou nos últimos quince minutos

O Atlético gañoulle ao Leverkusen (2-1) cun dobrete de Julián Álvarez

G24.gal 21/01/2025 22:20

O Barcelona gañou no campo do Benfica (4-5) nun encontro espectacular e asegurou a súa clasificación no Top 8 da fase de grupos da Liga de Campións e evita así a eliminatoria de 1/16 de final. O nome propio foi o dianteiro grego Pavlidis que lle marcou tres goles a Sczescny, titular na noite europea. Pero tamén o de Raphinha que marcou dous goles, o da vitoria no minuto 96.

No minuto 2 marcou o dianteiro do Benfica a pase de Álvaro Carreras. Empatou de penalti Lewandowski pero o propio Pavlidis aproveitou unha falta de entendemento entre Balde e o seu porteiro para marcar o segundo. Antes do descanso chegaría o terceiro de Pavlidis, tamén de penalti.

No segundo tempo recurtou diferenzas Raphinha dun xeito rocambolesco. Araújo marcou na propia porta o 4-2 e Lewandowki puxo o 4-3, outra vez de penalti. Aínda quedaba unha volta máis ao partido co gol de Éric García a catro minutos do final. No tempo engadido puido pasar calquera cousa con ocasións para os dous equipos pero foi Raphinha na última xogada do partido o que anotou o 4-5. 

Julián Álvarez, o heroe do Atlético

O Atlético conseguiu unha vitoria de moito mérito (2-1) diante do Leverkusen malia xogar moitos minutos en inferioridade pola expulsión de Barrios no minuto 25. Este triunfo tamén os achegan ao Top 8 adiantándolle ao seu rival- O campión alemán dominou o partido e adiantáronse cun gol do lateral Hincapié xusto antes do descanso.

Xogaba con dez o Atlético pero conseguiu empatar cun gol de Julián Álvarez (minuto 52). O Leverkusen tamén quedou con dez polo vermello que viu o propio Hincapié e iso aproveitouno o equipo de Simeone para conseguir o gol da vitoria cando o partido entraba no engadido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade