O Real Madrid mantén a esperanza de chegar aos primeiros oito postos da Champions
O Real Madrid mantén a esperanza de chegar aos primeiros oito postos da Champions
Gañou no campo do Atalanta (2-3) con goles das estrelas Mbappé, Vinícius e Bellingham
O Xirona queda case eliminado logo da derrota co Liverpool
O Real Madrid mantén as opcións de meterse entre os oito primeiros da Champions e evitar unha eliminatoria á volta da parada do Nadal. Gañou no difícil campo do Atalanta por 2-3 con goles das súas estrelas Mbappé, Vinícius e Bellingham.
𝑼𝒏 𝒄𝒐𝒏𝒕𝒓𝒐𝒍 𝒒𝒖𝒆 𝒆𝒔 𝒎𝒆𝒅𝒊𝒐 𝒈𝒐𝒍... 🪄
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) December 10, 2024
Una definición simplemente perfecta.
Dos toques inmaculados y Mbappé pone por delante al Real Madrid. 🐢⚪️#LaCasaDelFútbol #UCL pic.twitter.com/2AgibjgHye
O francés foi o que primeiro marcou no partido. Antes do descanso empatou o Atalanta cun gol de De Ketelaere de penalti. Nada máis principiar a segunda metade, Vinícius e Bellingham acertaron para poñer un 1-3 que parecía definitivo. O líder da Serie A non lle perdeu a cara ao partido e marcou grazas ao tino de Lookman, pero non lle deu para o gol do empate.
𝑱𝒖𝒅𝒆 𝑽𝒊𝒄𝒕𝒐𝒓 𝑾𝒊𝒍𝒍𝒊𝒂𝒎 𝑩𝒆𝒍𝒍𝒊𝒏𝒈𝒉𝒂𝒎... 🎯🏴
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) December 10, 2024
UN HOMBRE EN RACHA.
6 GOLES EN 7 PARTIDOS. #UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/s5AvBzwsna
O Xirona, pola súa parte, está case eliminado con só tres puntos en seis xornadas. Perdeu contra o líder Liverpool por 0-1 en Montilivi. Chegoulles cun gol de penalti transformado por Salah aos ingleses para levaren tres puntos que os manteñen á fronte desta novidosa fase de grupos da Champions cun pleno de triunfos.