Volve Vinicius para arranxar os males do Real Madrid na Champions
Volve Vinicius para arranxar os males do Real Madrid na Champions
O partido no campo do Atalanta é unha final para os de Ancelotti, que teñen moi difícil rematar entre os oito primeiros
Este martes hai Liga de Campións e xoga o Real Madrid que recupera a Vinicius tras superar a súa lesión, os de Ancelotti visitan o Atalanta con moito en xogo. Terán que arranxar a mala situación na clasificación da Champions, onde ocupan a vixésimo cuarta praza con tres derrotas en cinco xornadas. A última posición que pasaría o corte da primeira fase. Unha situación que intentarán reverter ante o conxunto italiano, que é o líder en solitario da Serie A con 9 partidos consecutivos gañando en Italia.
O Xirona recibe en Montilivi o Liverpool
E tras perder co Real Madrid na Liga, tamén volve a Liga de Campións para o Xirona. Os de Michel reciben o Liverpool en Montilivi, líderes da Premier e da Champions. Un Liverpool que obrigrará o Xirona a dar a súa mellor versión. Michel cualifica o partido como un día histórico para o club e fai a súa aposta.