O Barcelona recibe o sorprendente Brest na quinta xornada da Champions
O Barcelona recibe o sorprendente Brest na quinta xornada da Champions
O Atlético visita o campo do Sparta de Praga
O Barcelona non descansa e, tras o empate de Balaídos, xa pensa na Liga de Campións. Este martes, quinta xornada da competición europea en Montjuic ante o Brest. Será sen Lamine Yamal, que aínda non está recuperado, pero podería volver para o partido de liga ante As Palmas.
Quen si xa se adestrou con normalidade foi Balde. O Barcelona buscará escalar postos nunha Champions que non perde desde a primeira xornada. En fronte, unha das revelacións do campionato, os franceses aínda non perderon e ocupan o cuarto posto na táboa, dous por diante dos de Hansi Flick
Tamén xoga este martes o Atlético de Madrid, que visita o Sparta Praga. Os de Simeone chegan ao partido en boa xeira tras cinco vitorias consecutivas incluída a última da Champions ante o París. Simeone celebrou o partido número 700 co Atletico de Madrid.