Lucas Vázquez e Vinícius culminan outra remontada de Champions do Real Madrid (5-2)
Lucas Vázquez e Vinícius culminan outra remontada de Champions do Real Madrid (5-2)
Os brancos perdían ao descanso por 0-2 ante o Dortmund
Na repetición da final da Champions da temporada pasada, o Real Madrid conseguiu facer unha gran remontada ante o Borussia de Dortmund despois de ir ao descanso perdendo por 0-2.
Malen y Gittens silencian el Santiago Bernabéu. #UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/ot64uZDsCZ
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) October 22, 2024
Os goles de Malen (minuto 30) e Gittens (minuto 34) deixaron no chan un Real Madrid que mesmo tivo unha xogada na que estrelou dous balóns contra os paus.
😳😳😳😳😳😳😳😳
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) October 22, 2024
No le sale nada al Real Madrid... ❌#UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/TWSlxDAM6U
Na segunda metade reaccionou o equipo branco, que empatou con dous goles en dous minutos, marcados por Rudiger e Vinícius. Quedaba media hora para o final, o partido calmouse, pero nos últimos minutos volveu aparecer a versión europea do Real Madrid liderada polo xogador de Curtis Lucas Vázquez, que conseguiu marcar o 3-2. Logo chegarían o cuarto e o quinto, os dous obra de Vinicius, noutra noite máxica europea do Bernabeu.
⚽️ 60' | Rudiger (1-2)
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) October 22, 2024
⚽️ 63' | Vinicius (2-2)
𝐄𝐬 𝐞𝐥 𝐒𝐚𝐧𝐭𝐢𝐚𝐠𝐨 𝐁𝐞𝐫𝐧𝐚𝐛𝐞́𝐮.
𝐄𝐬 𝐞𝐥 𝐑𝐞𝐚𝐥 𝐌𝐚𝐝𝐫𝐢𝐝.#UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/lwVKvTsopp
Primeiro triunfo do Xirona
O Xirona fixo historia co seu primeiro triunfo nunha Liga de Campións. Gañoulle ao Slovan de Bratislava por 2-0 en Montilivi nun partido crucial para seguir mantendo as posibilidades de superar esta primeira fase. Marcaron os goles Miguel Gutiérrez (42') e o veterano Juanpe (73') de falta directa. Stuani fallou un penalti na parte final do partido.