O Barcelona mantén o ritmo de goleadas na Liga de Campións
O Barcelona mantén o ritmo de goleadas na Liga de Campións
Derrotou por 2-5 ao Estrela Vermella en Serbia e colócase entre os oito mellores da primeira fase
O Atlético gañou no campo do París Saint Germain cun gol na última xogada do partido (1-2)
O Barcelona continúa co seu ritmo de goleadas e derrotou con claridade e comodidade a un dos equipos máis frouxos desta Liga de Campións, o Estrela Vermella (1-5). Íñigo Martínez (13'), Lewandowski (43' 53'), Raphinha (55') e Fermín (76') marcaron os cinco goles do conxunto catalán. Aos serbios deulle esperanza o gol de Silas no minuto 27 e acabou cerrando o marcador cun bonito tanto de Milson (83'). Con esta vitoria o Barça colócase entre os oito mellores logo da derrota na primeira xornada contra o Mónaco. Ese é o obxectivo de todos os equipos que van pelexar polo título pois evitan unha rolda eliminatoria.
O Atlético gaña en París
O Atlético de Madrid visitaba o Parque dos Príncipes nunha situación límite. As derrotas contra o Benfica e o Lille colocábano coa obriga de sumar algún punto diante dos de Luís Enrique. Volveron acenderse as alertas co tanto de Zaire Emery pero Nahuel Molina conseguiu poñer o empate. Os dous goles marcáronse nos primeiros vinte minutos. O partido foi un acoso total por parte do PSG que chegou a executar 22 disparos a porta. O Atlético aguantou grazas a Oblak e no último minuto do engadido Ángel Correa acertou nunha contra para darlle unha vitoria coa que poucos contaban.