Naldo: "O Rácing de Ferrol está a medrar"
Naldo: "O Rácing de Ferrol está a medrar"
Xunto ao porteiro Jesús Ruiz é o único xogador racinguista que xogou completos os doce encontros de liga
O brasileiro Naldo xogou completos os doce encontros de liga disputados polo Rácing. Adaptouse moi rápido ao equipo ferrolán, á Segunda División e ao seu compañeiro no centro da defensa, o serbio Aleksa Puric, con só 21 anos.
Naldo recibiu esta mañá o premio Estrella de Galicia ao mellor xogador de outubro grazas aos votos dos afeccionados racinguistas:
"Estou moi contento por este galardón -dixo o brasileiro- e quero compartilo cos meus compañeiros. Non xogo só eu, necesita a súa axuda dentro dos partidos".
O veterano xogador do Rácing fala do momento do equipo.
"Hai unha mellora do equipo pero infelizmente non gañamos, pero van varios empates. Conseguimos crecer e iso é moi importante no transcurso da tempada".
Sobre o seu bo entendemento con Puric e a súa adaptación á liga española indicou que el se adaptou moi rápido.
"Temos bos xogadores, eu sempre buscou dar o mellor de min e os compañeiros, tamén. Desta forma, é máis fácil. Estou contento e espero que nos próximos encontros podamos sacar algo importante".
Á hora de analizar que é o que lle falta ao equipo, indicou.
"O equipo está a crecer. Houbo moitos cambios en referencia á pasada tempada e por iso a dinámica, os xogadores que chegaron teñen que adaptarse ao estilo. Nós temos que crecer e isto vai aos poucos. Oxalá lográsemos tres ou catro vitorias seguidas e así poderiamos estar arriba", sinalou.
Xunto ao porteiro Jesús Ruiz é o único xogador racinguista que xogou completos os doce encontros de liga.