Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deportivo e Rácing queren saír do perigo nos seus partidos como visitantes

Deportivo e Rácing queren saír do perigo nos seus partidos como visitantes

Este xoves o Deportivo viaxa ao campo do Levante (19:00 horas) e o Rácing xogará no do Burgos (21:00)

G24.gal 23/10/2024 19:36

O primeiro compromiso ligueiro da semana sorprende o Deportivo con catro baixas no centro do campo. Mfulu, José Ángel, Jaime e Gauto caen da convocatoria e non xogarán no Ciutat de Valencia. Idiakez busca solucións para armar un once competitivo. O adestrador apura as horas para decidir o plan de partido ante o Levante. Podería ser a hora de Hugo Rama e Charlie Patiño. Tras o Levante, chegará o Rácing de Santader a Riazor. O domingo, partido declarado de alto risco ante o primeiro clasificado.

O Rácing quere consolidar a serie positiva cun triunfo que o saque do descenso

O capitán do Rácing é baixa definitiva para o partido deste xoves en Burgos. O Comité de Apelación mantén o cartón vermello, ratificando a apreciación do árbitro de que Álex López se empregou con forza excesiva, aínda que tocara o balón antes de derrubar o rival. Demasiado ímpeto, paradoxalmente, é o que pide o adestrador, que os xogadores poñan intensidade en cada acción do partido. O Rácing segue en descenso malia sumar sete puntos nos últimos tres partidos. É á baixa de Alex López súmase a de Señé, cunha lesión muscular. Os ferroláns perden creación, agora que conseguira unha mellora defensiva.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar