Raphinha fai unha 'flickligrana' con tres goles ao Bayern
Raphinha fai unha 'flickligrana' con tres goles ao Bayern
O brasileiro liderou a goleada do Barcelona (4-1) ao exequipo do seu adestrador
O Atlético perdeu co Lille por 1-3 cun penalti moi polémico
O Barcelona de Flick sumou unha vitoria moi importante nesta fase de grupos da Liga de Campións. Derrotou o rival en teoría máis duro por un contundente 4-1, con Raphinha como estilete. O brasileiro estivo brillante, con tres goles, aos que houbo que engadir un cuarto de Lewandowski. Polo Bayern só o gol de Kane puxo a incerteza no marcador durante algún tempo.
Es su temporada.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) October 23, 2024
Es su momento.
Es su noche.
Raphinha le enchufa tres al Bayern 🎩✨.#UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/QKlsUOh8Xe
El Bayern pide falta.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) October 23, 2024
Lewandowski la mete y luego pregunta.#UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/76pYzidTNy
Escándalo no Metropolitano
O Atlético de Madrid perdeu co Lille por 1-3 malia que comezou gañando cun gol de Julián Álvarez. Na segunda parte remontou o equipo francés con goles de Zhegrova e de Jonathan David despois dun penalti surrealista en que o xogador do Lille tocou a bola coa man e o colexiado asubiou a infracción en contra dos de Simeone. No último minuto o propio David marcou o definitivo 1-3, que deixa o Atlético en postos de quedar eliminado da competición.
El penalti señalado en contra del Atleti.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) October 23, 2024
¿Qué os parece? #UCL #LaCasadelFútbol pic.twitter.com/WlaQ41OWkN