Publicador de contidos
Publicador de contidos

Flick enfróntase ao seu pasado recente no Bayern

Flick enfróntase ao seu pasado recente no Bayern

Partido estelar en Montjuic, co Barcelona recibindo o equipo que máis veces lle gañou en Champions nos últimos anos

O Atlético xoga no Metropolitano contra o Lille

G24.gal 22/10/2024 21:48

O Barcelona mídese este mércores na Champions á súa besta negra, un óso duro de roer que se lles leva atragoando anos en Europa. Once veces se enfrontou ao Bayern dende 2009 e en oito ocasións perdeu, as cinco últimas de forma consecutiva, ningunha tan dolorosa coma o 2-8 de cuartos de final de 2020. Flick era o adestrador daquel Bayern.

Catro anos e medio despois, Flick buscará a primeira vitoria do Barça ante os alemáns dende 2015. O técnico lidera un equipo rexuvenecido que encabeza a liga tras gañar dez de doce encontros. Raphinha, con seis goles e oito asistencias, é un dos indiscutibles do once.

O Atlético de Madrid necesita collerlle o pulso á Champións, deixar atrás a goleada de Lisboa e remontar na clasificación do novo formato. Recibe ao Lille, o equipo que derrotou ao Real Madrid. No Metropolitano, o Atlético gañou os seis últimos partidos europeos. Volverá encher a bancada do fondo logo de cumprir a sanción contra o Leganés. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar