Publicador de contidos
Publicador de contidos

Simón Lamas colle a remuda de Rubén de la Barrera á fronte do Vizela

Simón Lamas colle a remuda de Rubén de la Barrera á fronte do Vizela

G24.gal 25/11/2024 21:07

O adestrador chairego Simón Lamas será o adestrador do Vizela portugués en substitución do coruñés Rubén de la Barrera que foi substituído polo club. O equipo, que marcha na décima posición do campionato moi lonxe dos seus obxectivos iniciais que eran regresar á máxima categoría do fútbol portugués, categoría que perderon o ano pasado. 

Dentro da galeguización do seu corpo técnico Simón chegara en agosto para adestrar o equipo sub 23 e agora tocaralle levar as rendas do primeiro equipo. O adestrador ten experiencia no Rácing Vilalbés co que xogou en División de Honra xuvenil e co que conseguiu o fito histórico do ascenso a Segunda Federación no primeiro equipo malia ser un dos técnicos máis novos da Terceira galega. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos