Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un punto para fortalecer a autoestima celeste

Un punto para fortalecer a autoestima celeste

O empate diante do Barcelona fortaleceu a liña de traballo do Celta que pensa xa no Español

G24.gal 25/11/2024 21:02

Gañou o Celta un punto no campo e un gran punto de autoestima. O empate contra o líder reforza as aspiracións dos celestes, que falan de mirar cara arriba. É o cuarto partido que remonta o Celta en Balaídos, en dúas ocasión para gañar. Ante o Barcelona tivo que sobrepoñerse ós goles de Raphinha e Lewandowaski pero tamén as polémicas decisións arbitrais con Iago Aspas e Gerard Martín de protagonistas. O penalti non sinalado e a posterior expulsión perdoada.

Pero este Celta cre, confía e persevera. Alfon Gonzalez co seu gol é o mellor expoñente. Presionou a Kounde, kounde fallou e o albaceteño abriu o partido co seu primeiro gol en Primeira. Giraldez quedou pensando que a remonta podía ser completa. Xa pensan no Español. Toca saír de Balaídos, onde o Celta sente que é capaz de todo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos