O Barcelona consolida o segundo posto na Champions coa vitoria en Dortmund
O Barcelona consolida o segundo posto na Champions coa vitoria en Dortmund
O Atlético impúxose por 3-1 ao Slovan de Bratislava e colócase a un punto dos oito primeiros
O Barcelona gañou no campo do Borussia de Dortmund (2-3), un resultado que lle permite manter o segundo posto nesta primeira fase da Liga de Campións e tentará sentenciar o seu pase entre os oito mellores na penúltima xornada da competición.
El control y el pase de 𝑫𝒂𝒏𝒊 𝑶𝒍𝒎𝒐.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) December 11, 2024
El desmarque y la definición de 𝑹𝒂𝒑𝒉𝒊𝒏𝒉𝒂.
El Barça ya manda en Dortmund. 🔴🔵#UCL #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/aWkk4qc5Sr
Todos os goles marcáronse no segundo tempo. Raphinha anotou o primeiro do Barça ao culminar unha rápida xogada de contragolpe. Guirassy empatou para o Dortmund cun lanzamento de penalti cometido por Cubarsí. A quince do final Ferrán Torres remachou na área pequena un rexeite do porteiro local pero xusto despois Guirassy repetiu para poñer o 2-2. Aínda quedaba unha sorpresa máis no partido nunha xogada rápida e precisa con asistencia de Yamal e gol de Ferrán Torres.
O Atlético de Madrid continúa en forma e xa son dez as vitorias consecutivas contando as tres competicións nas que está inmerso. Contra o Slovan de Bratislava tiña a obriga de gañar e fíxoo por 3-1. No primeiro tempo marcaron Julián Álvarez e Antoine Griezmann. O Slovan tivo unha reacción no segundo tempo cun gol de Strelec de penalti pero outra vez o francés Griezmann atopou o camiño da portería e acabou sentenciando. Os de Simeone teñen 12 puntos e están a un só de meterse entre os oito mellores e evitar unha eliminatoria de clasificación.