Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alejandro Menéndez, o mellor colocado para coller a remuda de Parralo

Alejandro Menéndez, o mellor colocado para coller a remuda de Parralo

O técnico asturiano pasou polo Celta B en dúas etapas

Rácing de Santander e Albacete foron os seus últimos equipos na Segunda División

G24.gal 21/01/2025 20:16

O asturiano Alejandro Menéndez (1966) é o mellor colocado para substituír a Cristóbal Parralo á fronte do banco do Rácing. O equipo departamental apostaría pola experiencia dun adestrador que xa estivo traballando durante catro anos, en dúas etapas, na canteira do Real Club Celta. 

Menéndez iniciouse no fútbol de formación. Pasou pola canteira do Spórting e a do Real Madrid antes de chegar ao Celta en 2007 para facerse cargo do filial. Alí estivo dúas temporadas, cunha pequena incursión no primeiro equipo na 07-08 para rematar unha temporada caótica no Celta na que houbo catro adestradores. 

Volveu ao Real Madrid para preparar o filial e deu o salto á Segunda no Rácing de Santander (12-13) pero non puido evitar o descenso á Segunda B. Despois viría a exótica aventura no Buriram de Tailandia co que o gañou absolutamente todo no 2013 e 2014. De regreso ao Celta B (15-17) xogou unha fase de ascenso á Segunda A. Burgos (2B) e Albacete, onde tampouco puido evitar o descenso da Segunda A, foron os dous últimos proxectos en España cun paso polo fútbol da India. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade