A xustiza falla que o Estado pague ao concello de Tui os gastos do desentullo trala explosión de Paramos
A xustiza falla que o Estado pague ao concello de Tui os gastos do desentullo trala explosión de Paramos
A xustiza falla que o Estado pague ao concello de Tui os gastos do desentullo trala explosión de Paramos
O Ministerio de Interior deberá abonarlle un total de 1.276.709,34 euros en concepto de axudas
Contra esta decisión cabe aínda recurso
A Audiencia Nacional fallou a favor do Concello de Tui (Pontevedra) na reclamación da cantidade íntegra dos gastos do desentullo polo estourido dunha pirotecnia ilegal no lugar de Paramos en 2018.
O Ministerio de Interior deberá abonarlle un total de 1.276.709,34 euros en concepto de axudas, dos que case 400.000 euros xa foran concedidos.
En 2018, tras a declaración do municipio como zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil, Tui presentou dúas solicitudes de axudas ante o Ministerio: a primeira, en xuño de 2018, por 389.087,28 euros, foi aprobada, pero a segunda, en marzo de 2019, por 887.622.06 euros, resultou denegada.
A administración central xustificou entón que non eran actuacións “inaprazables” e esa decisión foi recorrida polo Concello, a quen agora a Audiencia dá a razón.
O rexedor de Tui, Enrique Cabaleiro, congratulouse pola sentenza da Audiencia Nacional, aínda que avogou por ser "cauto" pois contra ese fallo cabe a presentación dun recurso de casación.