Publicador de contidos
Publicador de contidos

Claudio mantense fiel ao comodín da canteira mentres non chegan fichaxes

Claudio mantense fiel ao comodín da canteira mentres non chegan fichaxes

Ante o Athletic xogaron seis canteiráns xunto con Borja Iglesias e Pablo Durán

Foto @RCCelta
G24.gal 21/01/2025 13:59 Última actualización 21/01/2025 14:05

Nunca choveu que non escampara, pero a Claudio Giráldez estáselle facendo longo o mercado de inverno.

Mentres escampa nos despachos, Claudio mantense fiel o comodín da canteira como fixo o domingo necesitado dun extra de vigor xuvenil.

Atrás unha tripla canteirán con Yoel Lago ao centro e Javi Rodríguez e Carlos Domínguez nos flancos; por diante, Hugo Sotelo e Sergio Carreira, e dous máis adiantados adscritos á nómina da canteira.

Pablo Durán, encargado o domingo de estirar ao equipo na busca da porta contraria e Borja Iglesias na punta do ataque. O santiagués chegou con 20 anos o Celta B e Durán en 2023 para encontrarse con Giráldez na banqueta filial que xa era a do Fortuna.

Hugo Álvarez, marcando para disimular algo o resultado, foi o último en sumarse na herba ao escuadrón dos pata negra da Madroa incapaces, esta volta, de igualar o intenso agudo do Athletic en Balaídos.

Afecta no que o adestrador celeste deu en chamar unha desconexión técnico-táctica dos seus; un pecado de xuventude que impide, de momento, que tanto rapaz dea competido ao máis alto nivel cada tres días

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar