Cargando resultados...
Un condutor de ambulancia, despedido por conducir ebrio en Vigo
Un condutor de ambulancia, despedido por conducir ebrio en Vigo
O condutor, de 21 anos, case duplicaba a taxa máxima autorizada
G24.gal
15/01/2025 13:53
Un condutor de ambulancia de Vigo, de 21 anos, foi despedido por conducir ebrio mentres estaba de servizo. Case duplicaba a taxa máxima autorizada.
A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia afirma que se trata dunha infracción laboral moi grave, e máis sabendo que transporta enfermos e que debe ser extremadamente coidadoso.
Os feitos ocorreron o pasado mes de decembro, cando unha patrulla da Policía Local de Vigo lle deu o alto ao condutor de ambulancia porque viron que saía moi rápido do semáforo. Fixéronlle a proba de alcolemia e deu positivo.