Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Deputación de Ourense reparte fundentes para evitar placas de xeo nas estradas

A Deputación de Ourense reparte fundentes para evitar placas de xeo nas estradas

O operativo conta con 15 camións repartidos por toda a provincia

O interior de Galicia conxélase a -10 graos e o frío impide circular un AVE

G24.gal 15/01/2025 13:32

Con estas baixas temperaturas están caendo boas xeadas en Ourense e, para evitar accidentes por placas de xeo nas estradas, 15 camións da Deputación reparten día e noite fundentes na rede provincial.

"Cando hai xeadas estamos sempre operativos, normalmente están os preventivos toda a tarde noite cando hai menos circulación para que os fundentes queden na estrada traballando nesas humidades e polas mañás percorremos os puntos máis conflitivos ou nos que nos chaman que non se viu de noite".

Deste xeito, pendentes as 24 horas do día, os 15 camións da Deputación de Ourense repartidos por toda a provincia manteñen as estradas libres de xeo en días coma hoxe, con temperaturas baixo cero, e de ata nove graos negativos en Xinzo de Limia e Calvos de Randín.

Moisés Díaz, que reparte sal polas estradas provinciais nun dos camións da Deputación de Ourense, expón que caeu unha boa xeada pero sen placas de xeo importantes nas estradas, a excepción dalgún punto que corta a auga ou nalgunha zona de humidade na que si que hai que actuar e botar fundente, pero que, malia isto, hai que conducir con precaución.

A Deputación de Ourense é a encargada de botar sal nos case 2.000 quilómetros da rede provincial, a maiores dos equipos dos concellos, os da Xunta e os do Estado que se encargan das vías da súa titularidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade