Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Garda Civil de Lugo detén tres integrantes dunha rede especializada en estafas a congregacións relixiosas

A Garda Civil de Lugo detén tres integrantes dunha rede especializada en estafas a congregacións relixiosas

Os delincuentes realizaban unha análise nas redes sociais, permitíndolles ter información para suplantar os superiores xerárquicos desas comunidades

Atopáronse afectados por varios puntos da xeografía española

G24.gal 15/01/2025 11:20

Unha investigación levada a cabo polo Equipo de Investigación Tecnolóxica da Policía Xudicial da Garda Civil de Lugo, bautizada como operación Congregatonium, permitiu identificar tres persoas, integrantes dun grupo criminal especializado en estafas a congregacións relixiosas.

O artífice e líder do grupo recrutaba “mulas de diñeiro” que eran inmediatamente substituídas por outros individuos cando o engano era descuberto, polo que podía manter as súas “operacións delituosas sen interrupcións”.

Estas “mulas” poñían á disposición da trama contas bancarias abertas en diversas entidades españolas e actuaban como intermediarios nas operacións ilícitas, a cambio dunha comisión polo diñeiro que sacaban en caixeiros automáticos para entregarllo ao xefe da organización.

Previamente, os supostos estafadores realizaban "unha análise exhaustiva" en redes sociais, publicacións e noticias en fontes abertas de Internet e así, grazas a esa información, dispoñían de datos suficientes para suplantar a persoas que ocupaban niveis xerárquicos superiores ás súas potenciais vítimas.

Os estafadores contactaban telefonicamente, gañando a súa confianza, e facéndose pasar por eses altos cargos e solicitaban o envío de determinadas cantidades de diñeiro, en función da situación económica de cada congregación, causando graves prexuízos ás comunidades.

A investigación permitiu identificar tres dos integrantes do grupo criminal, residentes nas provincias de Madrid e Toledo, e tamén que hai congregacións relixiosas afectadas polas estafas noutros puntos de España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade