Cargando resultados...
Tres detidos en Santiago acusados de varios roubos no comercio e na hostalería
Tres detidos en Santiago acusados de varios roubos no comercio e na hostalería
A un dos detidos, un coñecido delincuente, déronlle o alto cando saía dun bar onde entrara presuntamente a roubar
G24.gal
14/01/2025 13:45
Tres homes foron detidos en Santiago de Compostela acusados de cometer varios roubos.
Membros da Policía Nacional, en colaboración con membros da Local de Santiago, conseguiron detelos. Os roubos levaban afectando desde hai máis dun mes os comercios e a hostalería en Compostela.
Dúas das detencións leváronse a cabo na zona de Rosalía de Castro. Ao outro detido, un coñecido delincuente, os axentes déronlle o alto cando saía dun bar onde entrara presuntamente roubar.