Publicador de contidos

Publicador de contidos

Catro contedores arden en Ribeira e danan as xanelas dunha vivenda e un poste telefónico

Catro contedores arden en Ribeira e danan as xanelas dunha vivenda e un poste telefónico

O incidente ocorreu en Aguiño e ao lugar acudiron bombeiros do parque provincial de Ribeira

Os catro contedores afectados/Consorcio contra Incendios e Salvamento da Coruña Os catro contedores afectados/Consorcio contra Incendios e Salvamento da Coruña
G24.gal 15/01/2025 10:44

A pasada noite do martes, catro contedores do municipio coruñés de Ribeira arderon, causando tamén danos, aínda que menores, nunha vivenda e nun poste telefónico.

Segundo informou o Consorcio contra Incendios e de Salvamento da Coruña, o incidente ocorreu en Aguiño e ao lugar acudiron bombeiros do parque provincial de Ribeira.

As lapas afectaron catro colectores do lixo, que quedaron completamente calcinados e, en menor medida, as xanelas dunha vivenda e un poste telefónico. Os efectivos do parque provincial extinguiron as chamas e adoptaron as medidas de seguridade convenientes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade