Cargando resultados...
Condenado un home de Badalona por estafar unha muller do concello de Oleiros
Condenado un home de Badalona por estafar unha muller do concello de Oleiros
Terá que pagar unha multa de 3.240 euros e unha indemnización
G24.gal
15/01/2025 13:57
Na Audiencia Provincial da Coruña acaban de condenar a ano e medio de cárcere a un empresario de Badalona por estafa informática.
O home terá que pagar unha multa de 3.240 euros, ademais dunha indemnización, ao lograr subtraer un total de 58.700 euros da conta bancaria dunha veciña de Dorneda, no concello coruñés de Oleiros.
A estafa puido levala a cabo tras acceder ás claves e contrasinais da vítima a través de Internet.