Pontevedra, centrada co seu equipo na Copa do Rei
Pontevedra, centrada co seu equipo na Copa do Rei
Algún retardado aínda mercaba esta mañá un dos poucos billetes que quedaban, porque ninguén quere perder esta cita histórica
Desde primeira hora os locais de hostalaría prepáranse para recibir na previa milleiros de afeccionados
En Pasarón está todo preparado para recibir esta tarde os máis de 10.000 afeccionados que encherán as bancadas para ver o partido de oitavos da Copa do Rei fronte ao Xetafe. Algún retardado aínda mercaba esta mañá un dos poucos billetes que quedaban, porque ninguén quere perder esta cita histórica.
Ao Pontevedra xa o denominan como o Mataxigantes: é o único equipo da Segunda REFF que segue vivo na competición, despois de eliminar dous de Primeira División, como o Vilarreal e o Mallorca. Unha xesta que espertou paixóns entre os seareiros e na cidadanía en xeral.
E a ilusión tamén se traduce en negocio. Desde primeira hora os locais de hostalaría prepáranse para recibir na previa milleiros de afeccionados.
Os seareiros granates queren seguir soñando ao grande e aventúranse a prognosticar unha vitoria hoxe e mesmo o próximo rival. Soñan con enfrontarse ao Real Madrid ou o Barcelona.