Publicador de contidos
Publicador de contidos

Corberán, técnico do Valencia: "A prioridade é a Liga"

Corberán, técnico do Valencia: "A prioridade é a Liga"

O equipo valenciano ocupa o último posto na Primeira División e está a catro puntos da salvación

G24.gal 13/01/2025 18:57

O histórico Valencia visitará o campo do Couto. Pero farao nunha situación moi comprometida. Ocupa o último posto na Liga. Acaba de cambiar de adestrador coa chegada de Carlos Corberán en substitución de Rubén Baraja e "a prioridade do club é a Liga e acadar a permanencia" asegurou o adestrador na conferencia de prensa previa ao partido contra o Ourense Club de Fútbol. 

"Queremos seguir explorando as nosas opcións na Copa" dixo tamén Corberán, que usará o partido de Ourense para darlles minutos aos que non están sendo habituais na Liga e tentar enganchalos para a segunda parte da competición. 

O técnico ten moi estudado o equipo de Pablo López. "Aínda que hai dúas categorías de diferenza, na Copa estamos na mesma competición e teño o máximo respecto porque superaron o Deportivo e o Valladolid". Sobre o aspecto que máis lle gustou do seu rival destacou "a súa orde defensiva. Son un equipo que sempre está ben colocado e vainos poñer as cousas moi difíciles". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade