Publicador de contidos
Publicador de contidos

O pontevedrés Carlos Álvarez entra na lista definitiva para o Mundial de balonmán

O pontevedrés Carlos Álvarez entra na lista definitiva para o Mundial de balonmán

A lesión de Odriozola propiciou que o seleccionador chamase o extremo galego

G24.gal 13/01/2025 15:35

O pontevedrés Carlos Alvarez estará no Mundial de Noruega, Dinamarca e Croacia onde xogará España. O xogador do Ademar entra na lista pola lesión de Odriozola. Primeiro mundial para Carlos Álvarez, formado no Cisne. A temporada pasada foi o máximo goleador da Liga Asobal.

A próxima campaña deixará o equipo leonés e xogará no Spórting de Lisboa. España debuta o xoves na cita mundialista co partido diante de Chile. Na primeira fase tamén xogarán diante do Xapón e de Suecia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade